HomeDeportesO Club Natación Monforte cumpre obxectivos e ascende a segunda divisisión

O Club Natación Monforte cumpre obxectivos e ascende a segunda divisisión

Este domingo, 5 de xuño, disputouse no complexo a Freiteira da localidade coruñesa de Ribeira, a final de liga de clubs galega de terceira división na que o club natación Monforte xogábase o ascenso á segunda división.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha xornada moi dura na que se disputaban 16 probas individuais masculinas e outras tantas femininas e 4 substitucións. Foron moitos compoñentes do equipo os que realizaron un esforzo titánico e completaron as 4 probas individuais e as 4 substitucións que permite o regulamento. Ata 8 probas nadaron varios dos nadadores e en moitas ocasións realizaron mellores marcas persoais, tamén nas substitucións nas que melloraron varios récords do club.

Un equipo composto por máis de 20 nadadores que o deu todo de principio a fin e conseguiu o obxectivo que a dirección técnica propúxose a principio de tempada, o ascenso de división. O CN Monforte finalizou en segunda posición na final a escasos 11 puntos do gañador CN Boiro.

“Só uns pequenos erros e un par de baixas importantes privaron ao CN Monforte acabar na primeira praza nunha final, competida punto a punto, sempre con escasa marxe, que fixo estar moi implicados aos nadadores e afección que desde a bancada animou a cada un dos equipos. Poderíanse destacar varias actuacións a nivel individual pero esta competición o que promove é o espírito de equipo, o compañeirismo, a coraxe e a resiliencia e todos e cada un dos nadadores estiveron á altura deste gran reto conseguido”, conclúen desde o club.

ÚLTIMAS

13 adegas na 43 Feira do Viño de Chantada que se celebra do 6 ao 8 de marzo

Participan da 43 edición da Feira do Viño de Chantada 13 adegas: Adega Lareu...

Dimite a concelleira de Igualdade de Monforte e a súa acta será asumida por Miguel Tomé, fillo do alcalde

A concelleira de Igualdade do Concello de Monforte, Margarita López Rodríguez, presentou a súa...

Nova convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada

A convocatoria de axudas á natalidade no Concello de Chantada ten por obxecto beneficiar...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente...