HomesociedadeÁ Feira do Viño de Chantada gustoulle xuño

Á Feira do Viño de Chantada gustoulle xuño

A 39 Feira do Viño de Chantada celebrábase esta fin de semana contando con moita asistencia de xente. Fieis á cita e novas incorporacións non quixeron faltar a esta feira que tradicionalmente abría as Feiras do Viño na D.O. Ribeira Sacra e que nesta ocasión pospoñíase, excepcionalmente, pola situación da pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Participaban nesta edición da Feira do Viño, 14 adegas que abrían os seus postos o venres pola tarde e continuarían ao longo da fin de semana. O pregón celebrouse o domingo, correu a cargo do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. Entre as autoridades presentes estaban o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Medio Rural, José González; ademais do alcalde, Manuel Varela, e outros alcaldes da contorna.

Tamén o domingo coñecíanse os viños premiados nesta edición. Na cata popular resultaron premiados: Calexotes Mencía de Adega Calexotes, Diego de Lemos Mencía, deAdega Diego de Lemos e Instinto Romano da Adega Instinto Romano. Na cata oficial establecíanse as seguintes categorías:

Viños brancos

  1. As Glorias de Amedo 21, Adegas Amedo.
  2. Condado de Sequeiras Godello 21, Adegas Condado de Sequeiras.
  3. Calexotes Godello 21, Adega Calexotes.

Viños tintos

  1. Sabatelivs Mencía, Adegas e Viñedos Lareu.
  2. Calexotes Mencía, Adega Calexotes.
  3. Pero Bernal, Adegas Amedo.

Viños doutras anadas

  1. Asolagados Barrica 20, Pilares De Belesar.
  2. VR Barrica 18, Vía Romana Adegas e Viñedos.
  3. Sabatelivs Carballo 19, Adegas e Viñedos Lareu.

Mellor imaxe e presentación

  • Vía Romana Anada 20, Vía Romana Adegas e Viñedos.
Premiados / concello de Chantada

A Feira do Viño completábase coa celebración do II Túnel do Viño de Chantada, máis enfocado a profesionais do sector e coa XIII Feira de Oportunidades e a XII Mostra de Produtos de Artesanía. Non faltou a ambientación musical durante toda a xornada para rematar con verbenas nocturnas nas tres xornadas de feira. Despois da cita de Chantada, o remate ás Feiras do Viño na Ribeira Sacra porao o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que se celebrará a comezos de xullo.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...