HomePolíticaO PP de Monforte esixe melloras no campo da feira

O PP de Monforte esixe melloras no campo da feira

A portavoz popular, Katy Varela, anuncia que os populares defenderán unha iniciativa no próximo pleno para intentar mellorar o estado no que se atopa o recinto do mercado gandeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, ao alcalde de Monforte, José Tomé, “gústalle programar obras cuxo resultado final é un bo escenario para saír na foto. Pola contra, evita dedicar cartos a aquelas obras que sendo de gran importancia para os cidadáns teñen como resultado melloras que non se ven, como é o caso da rede de distribución de auga potable, tan deteriorada”.

Aseguran que hai melloras que nin se plantexan como a do campo da feira. Segundo denuncia o grupo municipal do PP o antigo mercado gandeiro está totalmente abandonado, “coas instalacións máis antigas en estado de ruína, con maleza e convertido nun depósito de material de distinto tipo, incluídos vellos báculos de farolas retirados dalgunhas rúas.”

Varela lembra que “recentemente o PP de Monforte denunciou, xunto aos compañeiros na Deputación, os déficits que presenta o arranxo feito no firme da LU-P 3202, a altura do campo da feira, pois non se preocuparon das beiravías nin de sinalizar pasos de peóns, o que complica o tráfico e merma a seguridade vial especialmente os días de mercado”.

Para a portavoz popular, “a pouca preocupación do alcalde de Monforte polo mantemento das cousas que xa existen na cidade reflíctese tamén no recinto da feira”. Comprobou “con asombro, que, ademais das instalacións en estado de abandono, que deberían ser obxecto de arranxos urxentes, este recinto úsase como almacén de mobiliario urbano retirado das rúas: hai alí gran número de contedores amontoados, así como pedras e restos de luminarias urbanas”. No mesmo recinto, explica Katy Varela, “hai almacenado material para obras nas estradas; ademais a maleza e abundante precisamente na zona onde se instalan os postos o día da feira”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...