HomeSucesosUnha traballadora do Servizo no Fogar denuncia ao alcalde de Láncara por...

Unha traballadora do Servizo no Fogar denuncia ao alcalde de Láncara por acoso

O socialista Darío Piñeiro nega as acusacións.

Publicado o

- Advertisement -

Unha traballadora do Servizo no Fogar de Láncara denunciou ao alcalde do municipio, o socialista Darío Piñeiro, por acoso; algo que el negou nun comunicado.

Os feitos terían lugar o mes pasado, cando a muller colleu unha baixa laboral. A partir dese momento, denuncia, o alcalde e ou outros empregados municipais comezaron a seguila, mesmo ao Ceip da Pobra de San Xiao, onde colabora co servizo de comedor.

O alcalde refírese no seu comunicado a este suceso concreto, sobre o que asegura que dada a situación de baixa da muller dun servizo que “se sufraga con fondos públicos”, “tratou de pescudar, como é a súa responsabilidade, se esta irregularidade estaba a producirse”.

“Por este motivo acudiu con dous empregados municipais ao centro educativo, onde se dirixiu ao director do colexio para preguntarlle pola situación“. Posto que, relata, o director informoulle de que a muller estivera alí en días anteriores, trasladou a situación á empresa adxudicataria do SAF.

“A isto limítase exclusivamente a actuación do Alcalde nun asunto, polo que manifesta total tranquilidade, convencido de que en todo momento cumpriu coa súa obrigación como responsable municipal e tendo en conta ademais que nin coñece a esta persoa“, explican.

Con todo, estes son os feitos polos que a muller denunciou ao rexedor e polos que tivo que prestar declaración ante a Garda Civil, á que mostra “a súa plena disposición a colaborar”. Tamén, de ser o caso, coas autoridades xudiciais.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...