Homesociedade‘Chantada contra o Cancro’ organiza unha actividade divulgativa

‘Chantada contra o Cancro’ organiza unha actividade divulgativa

A asociación chantadina programou para este sábado 11 de xuño unha conferencia-coloquio no Auditorio Municipal. Falarase do leite materno como exemplo de alimento funcional e das súas aplicacións ao cancro e a outros aspectos da vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro sábado 11 de xuño, ás 19:00 h., terá lugar no Auditorio Municipal de Chantada unha conferencia-coloquio baixo o título “O leite materno: o mellor exemplo de alimento funcional”. Incidirase, entre outras cousas, na súa aplicación ao cancro e a outros aspectos da nosa vida.

A encargada de abordar o tema será a chantadina Cristina Fente Sampayo, docente na área de Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, investigadora de proxectos nacionais e internacionais,  recén académica na Real Academia de Farmacia de Galicia (marzo 2022) e propietaria da Farmacia La Salud de Lugo.

Cristina Fente falará do leite coma o mellor alimento funcional que existe asegurando o alimento para o bebé e protexéndoo de enfermidades. Segundo se coñece, moitos dos seus compoñentes presentan un gran potencial terapéutico. Ademais, a ausencia de efectos secundarios e o perfil seguro dos compostos fai que o risco na súa avaliación clínica sexa moi pequeno. Debido a isto, hoxe en día hai moitos ensaios clínicos activos neste campo, tamén fronte ao cancro.

CHANTADA CONTRA O CANCRO

“Chantada Contra o Cancro” é unha asociación de Chantada que apoia a familiares e pacientes que sofren esta enfermidade, promove hábitos de alimentación e vida saudable e realiza actividades divulgativas.

Trátase da primeira asociación contra o cancro do sur de Lugo e o seu obxectivo principal foi, desde a súa creación en decembro de 2016, poñerlle cara a un problema que afecta por desgraza a moitas persoas e ás súas familias e entorno próximo. No seu día a presidenta da asociación, María Jesús Rodríguez, entendía que “era preciso xuntarse para dar apoio aos/ás enfermos/as e familias, compartir experiencias, ofrecer información e conferencias de vida saudable e relativas a esta enfermidade”.

ÚLTIMAS

Gandaría Quintián do Páramo, a transformación para xerar valor engadido

Na visita á Gandaría Quintián, o delegado territorial destacou, que se trata dunha empresa...

“Quiroga, terra de acollida”, este 26 de novembro no Faladoiro

Terriña Salvaxe é o proxecto desta parella valenciana, que decidiu apostar pola vida no...

A actriz, María Vázquez, recibirá o XXIII Premio Facer País o 29 de novembro en Láncara

A presidenta da asociación promotora do premio, asociación Val do Láncara, Marta Horbán, o...

Conmeracións do 25N, condena unánime á violencia machista

O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da...