HomesociedadeO Club de Montañeiros Celtas ensina montañismo no colexio do Courel

O Club de Montañeiros Celtas ensina montañismo no colexio do Courel

O Club de Montañeiros Celtas, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel, vai realizar varias actividades no CPI Poeta Uxío Novoneyra os vindeiros días 13 e 14 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A axenda comezará o luns, 13 de xuño, arredor das dez da mañá coa presentación e explicación das actividades de orientación. Tamén haberá un agasallo para todos os nenos e nenas participantes.  Ás 11:00 horas os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primara farán una marcha de orientación na aldea de Parada. 

Ao remate, arredor das 12:15 horas haberá un relatorio sobre a ‘Ascensión ao Annapurna (8091m)-Himalaia’, por Sechu López, o primeiro galego en subir a este monte, considerado un dos máis difíciles do mundo. A actividade diríxese a alumnas e alumnos de Secundaria.

A axenda retómase o martes día 14 ás 11:00 horas cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...