HomesociedadeO alcalde de Valladolid dará o pregón nas Festas de Sarria, localidade...

O alcalde de Valladolid dará o pregón nas Festas de Sarria, localidade natal do seu pai

Esta cita é para Óscar Puentes "moi emotiva", expuxo.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Valladolid, Óscar Puente, asegurou este xoves que dar o pregón esta noite das Festas de San Xoán de Sarria é “moi emotivo” para el xa que é o pobo no que naceu o seu pai e lémbralle “infinidade de intres” que pasou “de crío” así como ás vivencias da infancia do seu pai.

O rexedor socialista explicou que o seu homólogo da localidade lucense ofrecéralle dar o pregón “hai tempo” pero houbo que suspendelo en varias ocasións por “distintas razóns”. “Xa este ano non me puiden resistir e alí estarei”, incidiu.

Puente lembrou que Sarria, unha localidade de preto de 15.000 habitantes, é o pobo no que naceu o seu pai e ademais é “moi importante” en Galicia xa que é o punto de partida “máis frecuente” do Camiño de Santiago, xa que se atopa a 111 quilómetros do punto final desta ruta e hai que facer 100 quilómetros como mínimo “a pé ou dacabalo, como dicía a tradición”, para recibir a ‘Compostela’.

Ademais, incidiu na emotividade que terá para el o pregón desta noite porque pasou “infinidade de intres de crío” e alí pasou tamén a infancia o seu pai, polo que el viviu esas “historias” de “aquela Galicia profunda de posguerra”, pois naceu no ano 1939. En calquera caso, precisou que vai disposto a “gozalo” aínda que será unha “viaxe lóstrego”.

ÚLTIMAS

O BNG aposta polo desenvolvemento territorial asociado aos sectores produtivos nunha xornadas sobre Medio Rural

O programa das xornadas comezou coa presentación desde a Área de Medio Rural da...

113.000€ para a restauración das igrexas de Rozavales, Baamorto e A Penela, en Monforte

O concello de Monforte concede licenza urbanística para a realización de obras de restauración...

O Certame de Teatro para Centros de Ensino de Monforte alcanza a súa XXXIII edición

O XXXIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e...

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....