IniciosociedadeA praia fluvial da Pobra de San Xiao escenario de actividades gratuítas...

A praia fluvial da Pobra de San Xiao escenario de actividades gratuítas o 16 de xullo

A Deputación de Lugo presenta o programa de Actividades Fluviais que ofrecerá de maneira gratuíta en 10 concellos da provincia dende o vindeiro sábado, 2 de xullo, ata o 15 de agosto. Na zona centro sur da provincia benefíciase o concello de Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación, que chega á súa terceira edición, está dirixida a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade ou a través do teléfono 636.504.155. Entre as actividades ofertadas, os participantes poden realizar kaiak, paddle surf ou inchables, ademais doutros xogos nas contornas fluviais.

Os 10 concellos que acollerán esta proposta de ocio son Begonte, Láncara, Trabada, Monterroso, Ribeira de Piquín, Vilalba, Navia de Suarna e Alfoz, nos que a Deputación xa organizou este programa en anteriores edicións, e A Fonsagrada e Negueira de Muñiz, que se incorporan este ano.

“Con esta programación de Actividades Fluviais, ofrecemos ós veciños e veciñas do noso rural unha alternativa de lecer activo, ao aire libre, que pon en valor os espazos naturais, e que axuda a dinamizar a vida social e económica dos concellos”, sinalou o mandatario provincial, quen, explicou, ao mesmo tempo “seguimos consolidando un turismo de calidade e sostible, un turismo de experiencias, con capacidade para atraer xente durante todo o ano, que se apoia en elementos tan diversos como o medio ambiente, a gastronomía, a cultura, os monumentos ou mesmo as rodaxes de cine”.

“Manter unha oferta de ocio de calidade continuada é a mellor maneira de respaldar ó sector turístico, á hostalería e ó comercio local, porque todos sabemos que onde hai actividades de lecer, hai consumo, sobre todo no sector servizos”, asegurou o Presidente. Así, engadiu José Tomé, “a mensaxe que lanzamos é moi sinxela: sempre hai un motivo para vir á provincia de Lugo. Para que veñan os de fóra e para que os de aquí nos movamos para coñecer mellor o noso territorio”.

As Actividades Fluviais súmanse a outras propostas que a Deputación de Lugo ten en marcha como o programa de turismo deportivo e de aventura Actívate; o programa Coñece a túa Provincia, do que se beneficiarán esta tempada unhas 3.000 persoas de 135 asociacións, ou tamén o programa Saborea a túa Provincia, unhas xornadas de lecer e gastronómicas que estamos preparando para o mes de agosto.

Láncara – Praia fluvial da Pobra de San Xiao – 16 de xullo. De 16 a 19 horas

ÚLTIMAS

“As catas existiron toda a vida”, Juanjo Figueroa, pregoeiro da Feira do Viño de Vilachá

A 31 edición da Feira do Viño de Vilachá bota a andar este venres...

Reactivadas as notificacións para queimas

Os que soliciten un novo permiso, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse...

A Xunta tamén colaborará co ‘Campionato de España de Taekwondo’ de Monforte

A Xunta vén de anunciar que colabora co Campionato de España de Taekwondo, que...

Axudas para a reconversión da viña e ‘Día do viño DO’

No DOGA do 26 de marzo publicábase a Orde da Consellería do Medio Rural,...