HomeDeportesBo papel do Quixós na '1ª Copa de España de Jóvenes Promesas'

Bo papel do Quixós na ‘1ª Copa de España de Jóvenes Promesas’

O Club de Piragüismo monfortino quedou quinto por equipos e Noa Díaz gañou dúas medallas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Quixós viaxou esta fin de semana ata terras vascas para participar en Irún na 1ª Copa de España de Jóvedes Promesas. O nivel era moi alto pero as boas posicións acadadas polos padeeiros e padeeiras monfortinas, xunto coas dúas medallas de Noa Díaz, fixeron posible alcanzar a quinta posición na clasificatoria por equipos.

CLASIFICACIÓNS E MEDALLAS

Diego Expósito quedou 4⁰ en C-1 e 8⁰ K-1 infantil A, Martín Prats foi 4⁰ en K-1 e 9⁰ en C-1 infantil B, Efrén Álvarez 5⁰ en C-1 e 9⁰ en K-1 Cadete, Jacobo 13⁰ en K-1 e 21º en C-1 Cadete, Nerea Gutiérrez 8ª en K-1 e 9ª en C-1 Cadete, e Sara Inés Varela quedou 5ª en K-1 e C-1 Infantil B.

Ás medallas só chegou Noa Díaz, colleitando unha de prata en K-1 e unha de bronce en C-1 Cadete.

Noa Díaz tras recibir a medalla de prata en K-1 cadete. Foto: Quixós

O Quixós prepara xa o selectivo do Campionato de Europa Junior-Sub23 que se celebrará esta semana en Sabero, León.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...