HomeDeportesDúas medallas para o CN Monforte no Campionato Galego Junior e Absoluto

Dúas medallas para o CN Monforte no Campionato Galego Junior e Absoluto

Durante os días 1, 2 e 3 de xullo disputouse na piscina Rosario Dueñas de Ourense, o campionato galego junior e absoluto de natación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O CN Monforte asistiu a esta cita tan importante con 7 nadadores, 5 mozos e 2 mozas, Santiago Suárez, Pablo Valcarce, Ismael Pérez, Laura Senra, David Conde, Javier Pontón e Elena Arias.

Realizáronse gran número de mellores marcas e lográronse varios accesos ás finais da tarde, así como varios postos de importancia para o club. A nivel individual, o CN Monforte destaca as 2 medallas obtidas, un ouro en 50 libres junior para Javier Pontón que mellorou a súa marca e referendou a mínima para competir en 3 semanas no campionato de España junior e absoluto en Sabadell. E o bronce na categoría absoluta de Ismael Pérez despois dunha gran carreira no 50 bolboreta, pulverizando o seu mellor rexistro, quedando moi preto da mínima española.

CN Monforte no Campionato Galego Junior e Absoluto 2022 / CN Monforte

Nas probas de substitucións, os mozos estiveron entre os mellores clubs galegos conseguindo un 6º posto en 4×50 estilos e senllos sétimos postos nas substitucións 4x100Libres, 4×100 estilos e 4×50 libres. Estes bos resultados, outorgaron un meritorio 8º posto na clasificación xeral masculina por equipos entre os 18 clubs que achegaron a súa participación.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...