Homesociedade1000€ para gastar en 60 minutos no comercio de Sarria

1000€ para gastar en 60 minutos no comercio de Sarria

O ACES-CCU Sarria ten en marcha a campaña "en 60 minutos 1.000 euros – 60x1.000". Esta edición da campaña presentouna Ricardo Arias, presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios – CCU de Sarria, coa propietaria do comercio Ultreia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante o mes de xullo desenvólvese esta campaña afianzada no Centro Comercial Urbano de Sarria. Fai case unha década da primeira edición desta campaña (en concreto, 9 anos), sendo unha das actuacións con mellor acollida polos clientes do CCU Sarria, debido ao premio tan apetecible que ten, MIL EUROS para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila durante todo o mes de xullo, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria. As compras na trintena de comercios adheridos á campaña, farán que unha persoa sexa a gañadora de MIL EUROS para gastar ao seu antoxo en SESENTA MINUTOS, de acordo coas bases da promoción. 

Participan os seguintes comercios: Ábaco Sarria, Ara Moda, Atmósfera Sport, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado Sarria, Cris Abad, Dimar, Duet Moda, Electronova, Herboristería Linva, Joyería Díaz, Juguetería Don Dino, Juguetería y Puericultura 1, 2, 3… escondite inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport Sarria, Moncho Moda, Óptica Malecón, Sabrina, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida”. 

   

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...