Homesociedade200 anos do concello de Paradela

200 anos do concello de Paradela

Esta semana o concello de Paradela comezou as celebracións do seu Bicentenario como Concello, adiadas pola Covid. As actividades prolongaranse durante o que queda de ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Contando coa asistencia do Conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez González, inaugurouse o MONUMENTO AOS CABALEIROS DE SANTIAGO, protectores do Camiño e dos Peregrinos, obra de Cándido Pazos. Posteriormente as autoridades visitaron no Edificio Multiusos as diferentes exposicións do bicentenario:                               

  • “Do tempo das luces…” – Fotos antigas de xentes de Paradela, inicio do Arquivo Fotográfico do Concello.
  • Paradela, senda infinita” – “Viaxe” pola historia e realidade do Concello
  • Manuel Rodríguez López, 2.0” – Exposición audiovisual, Homenaxe ao escritor, Fillo predilecto de Paradela.
  • Escultura do Paradelense Álvaro De la Vega, coa que se suma á celebración.

Neste acto interviron o Alcalde dando a benvida aos asistentes; o historiador Xaime Felix López Arias (Arlindo); Xulio Xiz, resumindo as celebracións; o fillo predilecto de Paradela, Diego López Rodríguez; a Presidenta da Asociación de Mulleres de Paradela, Rocío Domínguez Brea; a ilustradora Fani Padullés; as alumnas de 3º da ESO María Bergantiños Domínguez, de Santa Cristina e Lidia Regueiro Arias, de Aldosende; e o Conselleiro Román Rodríguez González.

O cantautor de Becerreá, Alfredo González Vilela cantou dúas cancións sobre poemas do seu amigo Manuel Rodríguez López. Houbo desgustación de viño da D.O. Ribeira Sacra e entregouse aos asistentes a monografía “Os 200 anos do Concello de Paradela”, de Xaime F. López Arias e os catálogos das tres exposicións.

As mostras estarán durante o verán en Paradela. De setembro a decembro, “Paradela, senda infinita” e “Manuel Rodríguez López, 2.0” viaxarán a Lugo, Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Portomarìn, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa, O Pino, Santiago e A Coruña.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...