HomeCulturaComeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

Este venres houbo xa unha actuación de monicreques en Bóveda e o domingo será Sarria quen acolla a obra 'Abra da Cabra' de Lîlâ Teatro. O ciclo está patrocinado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das axendas culturais de diferentes concellos da provincia. Neste comezo de outubro gozarán de representacións Bóveda, Sarria, Guitiriz e Portomarín.

Este venres, 2 de outubro, ás 15:30 horas o Centro Sociocultural de Bóveda acolleu o espectáculo Raio the Loubicán, unha obra da compañía Mircromina Títeres para público a partir de 3 anos.

A historia que Antolín O Bailarín lle contara ao Camiñante deixouno pensando na calidade das cadeas que venden nas feiras, ao saber que o can Linkecho fora quen de quebrar a súa, despois de 10 anos preso ao pé da palleira situada a 43ºLN.7ºLO. O fillo desa liberdade, froito da unión do can ceibo e da loba que baixou das montañas, é Raio The Loubican, metade lobo metade can, a estrela do espectáculo de varietés rural que xunto co Camiñante van de praza en praza amosando o seu talento.

TEATRO PARA PÚBLICO ADULTO EN SARRIA

O domingo 4 de outubro ás 20:00 horas a Casa da Cultura de Sarria recibe a compañía LÎLÂ Teatro para levar a escena a peza ‘Abra da Cabra’.

Trátase da viaxe iniciática dunha Cabra Montesa chegada ao mundo nun remoto e inhóspito lugar. Un día decide emprender unha longa viaxe na procura dunha vida máis próspera e amable, unha ousadía que tornará nunha odisea digna de calquera heroína mitolóxica.

Malia os malogrados intentos de convivencia pacífica coa raza humana, a protagonista non é quen de entenderse coa nova veciñanza de dúas patas. Despois de experimentar unha morea de extravagantes aventuras, algún alborozo e moitos pesares, plantéxase regresar de novo á ABRA, o abeiro da Cabra, á simple vida montesa para a que quizais foi concibida.

O ciclo continúa neste comezo de outubro nos concellos de Guitiriz e Portomarín. No primeiro deles será o Colexio de Santo Estevo de Parga o que acolla a obra ‘Gaela quere ser Druída’ (Trécola Producións) ás 10:30 h o xoves 8 de outubro; e no segundo, a obra ‘A Boneca de trapo’ (Loia Producións) interpretarase ás 11:00 horas no CEIP Virxe da luz o venres 9.

ÚLTIMAS

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...