HomesociedadeLibros 'para a concienciación' en Sarria

Libros ‘para a concienciación’ en Sarria

A concelleira de Educación, Muller, Igualdade e Xuventude distribuiu 256 libros entre os diferentes centros educativos e a Biblioteca Municipal da vila. As publicacións teñen como obxectivo promover valores relacionados coa diversidade, a igualdade, a prevención da violencia en todas as súas manifestacións, a educación emocional, etc.

Publicado o

- Advertisement -

Geni, concelleira de Educación, Muller, Igualdade e Xuventude, entregou aos responsables dos centros educativos sarriaos 34 exemplares dedicados ás diferentes etapas educativas co obxectivo de promover diferentes valores para a convivencia. No caso da biblioteca foron 35 exemplares e 17 exemplares no caso da Escola Infantil Xela Arias. En total calcúlase que se distribuiron entre os oito centros uns 256 exemplares.

Esta acción encádrase dentro das seguintes medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero:

-Incluir en todas as etapas educativas a prevención da violencia de xénero, do machismo e das conductas violentas, a educación emocional e sexual, a igualdade, incluíndo ademais nos currículos escolares os valores da diversidade e a tolerancia.

-Desenvolver campañas de prevención e de sensibilización con mensaxes positivos, unitarios e adaptados ás esixencias de cada momento, implicando á sociedade no seu conxunto e elixindo os momentos máis favorables para a súa difusión, como por exemplo, os veráns. Esas campañas deben focalizarse no rexeitamento ao maltratador e presentar exemplos de mulleres fortes e valentes, sen recorrer ao cliché das vítimas.

Segundo fontes do Concello de Sarria, “desenvolvéronse oito bibliotecas coeducativas para os colexios: A Merced, A Asunción, Antonio Fernández López, Frei Luis de Granada, Escola Infantil Xela Arias e os insitutos, Gregorio Fernández e Xograr Afonso”.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...