HomesociedadeIntensa actividade cultural e de lecer no Círculo Saviñao

Intensa actividade cultural e de lecer no Círculo Saviñao

Este sábado haberá outro concerto na terraza da entidade. Chega o grupo "¿Pero cómo que Señor?".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao está intensificando a súa programación cultural e de lecer coincidindo co verán. O pasado día día 2 de xullo houbo un concerto na terraza a cargo do dueto ourensán, Soul & Roll, e o día seguinte presentábase un libro e inaugurábase unha exposición.

EXPOSICIÓN DE PINTURA E NOVIDADE LITERARIA

O pintor Paco Ascón chegaba a Escairón rodeado de amigos para inaugurar no Círculo Saviñao a súa exposición pictórica “As portas de Lugo”. A mostra está formada por 22 óleos cos que nos amosa a súa visión das entradas –e saídas– da muralla romana da capital provincial.

No mesmo acto aproveitouse para falar tamén de literatura e presentarlle aos asistentes o libro “Tener o Ser” no que o mesmo autor da exposición refai a fábula da cigarra e a formiga para facer unha fonda crítica social e humana da acumulación de bens. Así mesmo busca facer unha loubanza da amizade e a familia e, en definitiva, da busca da felicidade. Colaborou na presentación o editor Avelino Jácome e o presidente do Círculo Saviñao, Enrique Sampil.

UN NOVO CONCERTO

Este sábado 9 de xullo, un novo concerto amenizará a terraza do Círculo Saviñao a partir das 20:00 h. O grupo que chega é “¿Pero cómo que Señor?”.


ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...