HomeMedio ambiente e PatrimonioBando do Concello da Pobra do Brollón para un uso responsable da...

Bando do Concello da Pobra do Brollón para un uso responsable da auga

Dende o goberno municipal advirten da previsión de escaseza de auga para os vindeiros meses. En consecuencia, prohiben o uso da mesma fóra do consumo doméstico e chaman á veciñanza a facer un uso responsable dela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante a previsión de escaseza de auga pola seca, en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, dende o Concello da Pobra do Brollón faise saber que non se poderá facer uso da auga procedente da subministración municipal para usos fóra do estrito consumo doméstico.

Deste xeito, queda prohibido o rego de hortas e xardíns, o uso da auga para encher piscinas particulares ou elementos semellantes, e tamén o lavado de vehículos, fachadas, patios, airas, etc.

O Bando municipal deixa claro que a auga procedente da rede municipal de abastecemento debe destinarse exclusivamente para o consumo doméstico e sinala que o concello controlará os consumos en edificios e instalacións municipais, así como tamén en espazos públicos en xeral vixiando as perdas que puidese haber na rede de abastecemento.

USO RESPONSABLE E SANCIÓNS

A comunicación administrativa do concello fai tamén un chamamento á responsabilidade para que todos/as os/as veciños/as realicen o máximo esforzo para o aforro da auga.

Aínda que o bando é de aplicación ás parroquias que contan con abastecemento de auga municipal, lembran aos veciños/as dos núcleos que contan con abastecemento propio que “a seca afecta a todos por igual e polo tanto é fundamental un uso responsable dun ben tan prezado e escaso”.

Toda infracción contra o ordenado neste Bando será sancionado segundo o disposto no artigo 3º da Ordenanza municipal.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...