HomePolíticaAna Pontón presentará o día 28 a Efrén Castro, candidado do BNG...

Ana Pontón presentará o día 28 a Efrén Castro, candidado do BNG en Sarria

Este mércores 26 é o último día para inscribirse, contactando co BNG de Sarria, na cea posterior ao acto do 28, no que intervirán Castro e Pontón.

Publicado o

- Advertisement -

Efrén Castro é Tenente-Alcalde na actual corporación de Sarria. Acompáñao a concelleira, Mónica López. No acto de presentación que o venres se desenvolverá no hotel Alfonso IX de Sarria participarán ademais de Ana Pontón e Efrén Castro, cargos orgánicos e institucionais do BNG .

O BNG de Sarria goberna desde as pasadas eleccións municipais co PSOE. Para os nacionalistas o funcionamento do concello non sería o mesmo sen a presenza do BNG, que aporta traballo e seriedade ao goberno municipal. De cara ás eleccións municipais do vindeiro ano o BNG de Sarria agarda ter unha representación suficiente para liderar un goberno municipal que remate os proxectos iniciados neste mandato e converter Sarria nun referente pola calidade de vida e pola capacidade de xeración económica e emprego.

Segundo os nacionalistas, os veciños de Sarria valoran o traballo que está desenvolvendo o candidato do BNG na corporación sarriana e esperan chegar con el á alcaldía, converténdose nun concello referente como outros concellos gobernados polo BNG como Ribadeo, Muras, Allariz ou Pontevedra.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...