Homesociedade4 obradoiros duais de emprego formarán na zona sur a 80 desempregadas/os

4 obradoiros duais de emprego formarán na zona sur a 80 desempregadas/os

Na Zona Sur funcionarán os programas Serra do Faro VII, organizado por Chantada e Carballedo; Ricra VI, que impulsa Pantón con O Saviñao e Sober; o obradoiro da Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio e Sillor IX, do que forman parte Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga. Cada obradoiro recibe máis de medio millón de euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, informou da resolución da orde de axudas deste ano – que vén de aprobar o Consello da Xunta – e salientou como unha das principais novidades a ampliación do período de duración, que pasa de nove a doce meses.

Coa posta en marcha destes programas, 80 persoas desempregadas -20 por taller – accederán a un contrato de traballo e recibirán formación teórica e práctica en áreas con boas perspectivas de inserción laboral. A maiores hai que engadir as prazas que se creen para postos de dirección, administración e monitores.

Ademais de formarse e realizar un traballo, os alumnos recibirán un certificado de profesionalidade con validez en toda España. Así mesmo, ao finalizar a experiencia poden  empregarse nunha empresa da zona por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para iso, o financiamento da Xunta inclúe incentivos que na Zona Sur benefician ao obradoiro Serra do Faro VII para fomentar 20 contratos.

Os obradoiros duais son desenvolvidos polos concellos e teñen unha tripla dimensión: proporcionar formación de calidade ás persoas participantes para que obteñan un posto de traballo, acometer obras e servizos de interese público e incrementar as taxas de inserción laboral a nivel local. No conxunto da provincia o Goberno galego financiará 16 programas en 46 municipios, con orzamento global de 8,2 millóns de euros.

Selección dos participantes e ampliación de crédito

Na selección de participantes, que se levará a cabo a partir de agora, darase prioridade ás persoas con especiais dificultades de inserción no mercado laboral como mulleres, emigrantes retornados, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos ou persoas en risco de exclusión social.

Como en anteriores edicións, a Xunta priorizou os programas de formación forestal; posta en valor do Camiño de Santiago; actuacións enmarcadas en proxectos de Aldeas Modelo e os programas promovidos por concellos con todo ou parte do seu termo municipal incluído en zonas de Reserva da Biosfera. Tamén proxectos relacionados coas TIC e coas principais actividades económicas de cada contorna, en consonancia coas conclusións da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego e do Estudo de Novas Tecnoloxías Emerxentes en sectores estratéxicos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...