HomePolítica"A montaña pariu un rato", Por Chantada presenta alegacións ao PTE de...

“A montaña pariu un rato”, Por Chantada presenta alegacións ao PTE de San Fiz de Asma

Por Chantada salienta nas corenta e dúas páxinas que compoñen o texto coas corenta alegacións rexistradas, que o PTE enfócase unicamente, por un lado, en "legalizar" todo o existente dun xeito asimétrico que prexudica a quen menos ten e mantén certos privilexios para quen fixo actuacións máis agresivas, e, doutro lado, promove sen planificar o turismo en detrimento da actividade agraria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nas alegacións de Por Chantada refírense ´á filosofía que sustenta o PTE e a cuestións técnicas e concretas do proxecto, cuestionan as actuacións propostas e aspectos da normativa como prohibir instalacións apícolas no ámbito. Así aseguran, “enténdese deste xeito a opacidade e falta de transparencia e que non houbese unha participación pública real e que o PTE veña imposto desde Santiago sen contar coa viciñanza de San Fiz nen coa sociedade civil local. É unha monumental tomadura de pelo que o único acto informativo, realmente propagandístico, se celebrase ás 10 de mañá, entre semana, e na véspera de rematar o prazo de alegacións.”

Quéixanse tamén de que as cartas enviadas aos proprietarios sexan posteriores ao prazo de alegacións e inclúan unha ligazón que non funciona e recomendando un navegador que xa non existe (Internet Explorer).

Por Chantada asegura que o PTE divide os investimentos en dous níveis, o primeiro nível de actuación con 800.000 euros e o segundo nivel que deixa no ar cando e como se executará e que supera os 8 millóns. “A nosa candidatura viciñal entende que debe existir un equilibrio maior. 4 millóns deberían executarse no ámbito con carácter inmediato (2023-2024) e a nosa proposta é que se destinen a dotar de saneamento e depuración á parroquia e para recuperar viñedos cos que mobilizar un banco para que a mocidade poida incorporarse ao sector primario. Estas actuacións son de maior utilidade e proxección futura para o territorio que cinco miradoiros artificiais que son un malgasto e unha visión urbanita da paisaxe e do territorio”.

Esixen que no PTE apareza estimado o orzamento da actuación que debe desenvolver Naturgy con cargo ao fundo de compensación ambiental. Aseguran que nas alegacións dan alternativas “ao gasto millonario nun intercambiador na explanada de Amedo ou o faraónica investimento de cinco millóns na ladeira xunto á coñecida como curva dos cipreses, onde se faría unha instalación hostaleira cuxa regulación e natureza o PTE non desenvolve nen explica.”

Por Chantada propón a rexeneración do espazo natural dos Cachóns do Asma e a recuperación dos seus elementos patrimoniais (muíños, devesas, fábrica de luz do Evaristo… “Un espazo verde que require actuar sobre a insuficiencia da depuradora de Chantada para evitar o cheiro e a contaminación que rematan no encoro de Peares. A explanada de Amedo debería ser un espazo sociocultural e natural ao servizo antes de máis da poboación local e non un simple aparcadoiro para encher de turismos e autobuses”.

Lamentan desde Por Chantada que o concello siga sen ter unha árbore senlleira catalogada e rematan asegurando que defenden os intereses da maioría social, “antepondo o sector primario, a natureza e os direitos das vindeiras xeracións aos escuros e nunca explicados intereses dunhas institucións que gobernan de costas ao pobo que din representar.”

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...