HomesociedadeO 13Roeis amplía días, actividades e espazos de celebración

O 13Roeis amplía días, actividades e espazos de celebración

O Pazo de Ferreiroá acolleu este luns a presentación dunha nova edición do 13Roeis, festival de referencia na Ribeira Sacra que organiza a Asociación Cultural 13Roeis para os días 19 e 20 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta terceira edición do 13Roeis chega con novidades, aumenta a duración a dous días, o que supón máis grupos e máis actividades e amplíanse os espazos acollendo citas literarias, de artesanía, gastronómicas e co viño.

No espazo Xacobeo 22 centrarase a actividade do Festival, cos concertos no escenario Mahou 5 estrellas, o xantar popular, a zona de foodtrucks e bar. Aquí celebraranse tamén a feira de artesanía ou as presentacións literarias; o espazo infantil, onde se aloxará a zona de acampada e duchas, habilitando un novo espazo para furgonetas e campers. No apartado literario presentaranse as obras de Clara Vidal e Daniel Asorey

Haberá un espazo 13Roeis no Mosteiro Cisterciense do Divino Salvador, con cata de viños e un obradoiro sensorial, entre outras actividades. Participan 25 adegas da D.O. Ribeira Sacra, 3 delas como patrocinadoras principais do Festival. Xunto a este tamén está o novo espazo serán, que acolle máis concertos e pasarrúas.

Na presentación do 13Roeis participaron Miguel García da asociación organizadora, o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a deputada Ana González e o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Luis Fernández; como institucións colaboradoras co 13Roeis. Todos eles agradeceron as colaboracións e felicitaron a iniciativa que leva o nome de Pantón e da Ribeira Sacra máis alá das fronteiras de Galicia, cun cartel que chega a todos, especialmente á mocidade.

13Roeis presentación 2022

Desde a organización Miguel García destacou que o “Trece Roeis Fest é un referente no eido dos festivais, xa que, ademáis de achegar bandas do panorama español cunha importante representación de agrupacións galegas e de bandas mixtas ou encabezadas por mulleres, crea un espazo no que a música mestúrase coa artesanía, a gastronomía, o mundo do viño a literatura e una morea de actividades para toda a familia.”

O alcalde, Jose Luis Álvarez, lembrou a traxectoria deste Festival que ano a ano aumenta a calidade e oferta de actividades e que axuda a difundir o nome do concello e de toda a Ribeira Sacra.

Os grupos participantes no 13Roeis o día 19 de agosto son: El Drogas, Heredeiros da Crus, Guezos, MJ Pérez, o´leo de Matamá, Searas  e Cabodano.

O día 20 actuarán: Boikot, Lágrimas de Sangre, A banda da loba, Festicultores Troupe, Liviao de Marrao, Breocáns, Zeltia Irevire, Paco Nogueiras, Muy Montes, Baturruka, DJ Maceda, DJ Xan e DJ Xosé.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...