HomeCultura"Solpor Hermida", ciclo de concertos os venres no Hotel Hermida Rural do...

“Solpor Hermida”, ciclo de concertos os venres no Hotel Hermida Rural do Incio

HermidaRural, o hotel na beira do encoro de Vilasouto en Eirexalba, no Concello do Incio, programa diferentes eventos os venres para vivir dun xeito especial o solpor que se contempla dende as súas instalacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 5 de agosto encargarase de ambientar o ciclo “Solpor Hermida”, Soul & Roll, un dueto acústico de versións chegado de Ourense e integrado por Tamara Pérez e Miguel Araújo. A actuación chega da man de Hermanager Producións e será ás 20:30 h. Pódese asistir á mesma aínda que non se estea aloxado no hotel.

O repertorio de Miguel Araújo e Tamara Pérez, guitarra e voz do grupo respectivamente, está coidadosamente escollido ofrecendo unha selección de cancións emblemáticas e grandes clásicos do pop-rock español dos anos 80 de grandes artistas como: Luz Casal, Miguel Ríos, Mecano, La Guardia, Siniestro Total, Los Secretos, Danza invisible, Manolo García, Antonio Flores, Nacha Pop, Alaska… e tamén dos anos 90 ata a actualidade como: Fito e Fitipaldis, La Oreja de Van Gogh, Mclan, Manolo García, Maná…

Ademais deste repertorio en español, tamén se poderá escoitar na terraza do Hermida Rural unha escolma de grandes temas internacionais de onte e de hoxe de artistas como: Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Journey, Police, U2, Bon Jovi, Nirvana, Guns and Roses, Jason Mraz, Avicii, Pharrel Wiliams, Bruno Mars, Adele, Rihana, Camila Cabelo, Ed Sheeran… e moitos máis que poden aparecer durante o concerto.

Tamara Pérez e Miguel Araujo

Tamara Pérez traballou en orquestras durante anos e participou no concurso ‘Recantos’ (2011) do Luar, importante trampolín na súa carreira. Ademais da música, co dueto Soul & Roll, leva anos traballando no medio televisivo. Despois de varios anos como presentadora en Tele Miño -Ourense- deu o salto á TVG, onde destaca como colaboradora no programa Bamboleo. 

Miguel Araújo, tamén con experiencia en orquestras, é músico e compositor. Actualmente compaxina as clases de música con actuacións co grupo por toda Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...