HomesociedadeComo gastar 1.000€ en menos dunha hora

Como gastar 1.000€ en menos dunha hora

Este sábado, 6 de agosto ás 11:10 minutos, comezou a xornada de compras da novena edición da campaña 60x1.000, na que participaron 30 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A premiada foi Cristina Muñoz Rodríguez pero os encargados de realizar as compras foron a súa nai (Julia) e o seu cuñado (Albert). A ACES puxo á súa disposición un coche antigo que os acompañou durante todas as súas compras polos comercios de Sarria. Rodeados dunha reporteira e fotógrafo, Julia y Albert gastaron os 998,01 € en case 57 minutos, sobraronlles 3 minutos do tempo máximo establecido, para mercar. 

Julia y Albert mercaron en 10 comercios, dos 30 participantes. En primeiro lugar dirixíronse a zapatería “Calzados Gayoso” onde mercaron dous pares de zapatillas deportivas. O segundo comercio elexido foi “Electronova” onde mercaron unha televisión e unha batidora. Posteriormente visitaron “Los sueños de Uxía”, onde mercaron dúas almofadas e unha botella para a nena da familia e aproveitaron para pasar pola “Mercería Lucía” para mercar un bañador. Despois dirixíronse ao comercio que lles deu a sorte, a “Brissa Salón” onde mercaron varios tratamentos estéticos. Posteriomente parada en “Moncho Moda” onde ás carreiras mercaron un polo e unhas chanclas; e continuaron pola “Óptica Malecón” onde mercaron unhas gafas de sol.  Na xoguetería “Juguetería e puericultura 1, 2, 3…Escondite Inglés” onde mercaron dous xoguetes. Ainda tiveron tempo de visitar a zapatería “CRIS ABAD” para coller unhas zapatillas e deixaron para o final a “Senayo” onde levaron unha prenda de roupa. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...