HomeMedio ambiente e PatrimonioO sur lucense, en risco amarelo por treboadas

O sur lucense, en risco amarelo por treboadas

Os viticultores da Ribeira Sacra que están vendimando estos días non viron afectados os seus cultivos polo fenómeno metereolóxico

Publicado o

- Advertisement -

Preto de 1000 raios caeron na madrugada do 27 de setembro no sur lucense. Entre as 4:00 e as 8:00 da madrugada, Chantada, Sarria e Quiroga víronse afectadas por unha forte treboada que provocaron un incendio nunha casa particular neste último concello.

Foi ao redor das 8 da mañá cando un particular alertaba, a través do 112, que lle estaba ardendo do contador da luz presumiblemente pola forte treboada que caera na zona minutos antes. Afortunadamente o lume foi controlado de seguido e non houbo que lamentar danos persoais.

Tamén é salientable que a treboada non estivo acompañada de granizo polo que os viticultores da Ribeira Sacra, que estos días están a pleno rendemento recollendo a uva, non viron os cultivos afectados.

Imaxe da treboada desta madrugada/AEMET

Segundo informa 112 Emerxencias Galicia, para o resto da xornada está activado o nivel amarelo por tormentas na montaña e sur lucense.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...