HomesociedadeIX Campus de Voleibol do 22 ao 26 de agosto

IX Campus de Voleibol do 22 ao 26 de agosto

Haberá diversas actividades enmarcadas cara o voleibol durante o Campus e ademais este ano como novidade un día irase facer volei praia ao Club Fluvial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IX Campus de Voleibol que organiza o Club Voleibol Ribeira Sacra destínase aos nenos e nenas a partir de 6 anos ata os 16 que queiran probar ou perfeccionar o voleibol.

O Campus estará impartido por adestradoras da talla de Yoraxy Meleán e Laida Alvarado ademais de adestradoras de equipos base do club, este campus xa é a antesala ao comezo da tempada que dará comezo a primeiros de Setembro.

O último día do Campus, o día 26, farase entrega a todos os participantes dunha camiseta e unha medalla conmemorativa do Campus. Desde o club animan a todos os nenos e nenas a que se apunten xa que serán xornadas divertidas e cheas de actividades.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...