HomeTerra de LemosMonforteUnha empresa de Monforte fabricará dispostivos para detectar alérxenos nas comidas

Unha empresa de Monforte fabricará dispostivos para detectar alérxenos nas comidas

Publicado o

- Advertisement -

A empresa biotecnolóxica monfortina Sense (Z) está a traballar nun dispositivo en forma de pulseira que detecte de modo instantáneo alérxenos nas comidas.

Andrea Hernández xunto co seu equipo deseñaron un dispositivo biométrico que permite a toma de datos e parámetos tanto fisiolóxicos como alimenticios para a análise, estudo e evalución pormenorizada dos alimentos mediante o uso de sensores bioalimentarios. Esta nova ferramenta, que simula unha lingua electrónica, revelará a presenza de alérxenos nos comestibles para darlle resposta a un problema que actualmente sofren case 1 millón de persoas en España. Tamén permitará coñecer o índice calórico das comidas calculando así a inxesta das mesmas.

Actualmente, o proxecto atópase na fase de testalo en condicións reais. Polo momento soamente se detectará presenza de glute e lactosa aínda que os os seus creadores seguirán traballando para poder detectar os 14 alérxenos necesarios segundo a lexislación europea.

A nova ferramenta electrónica non só ten aplicación no ámbito do consumo senón que tamén é útil para a industria alimenticia. Traballan ca Asociación de Fabricantes de Conservas na detección de alérxenos en moluscos, peixes e crustáceos.

Venta ao público

A previsión dos fabricantes deste producto é que chegue ao mercado no ano 2020 onde se espera ter gran aceptación polo auxe dos alimentos libres de alérxenos.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...