HomesociedadeCortada ao tráfico a estrada de Santa María a Castro de Rei...

Cortada ao tráfico a estrada de Santa María a Castro de Rei de Lemos, en Sarria

Desde este luns e durante un máximo de dúas semanas á altura do punto quilométrico 8,140 da LU-P-5709, a estrada permanecerá cortada para substituír a estrutura de drenaxe. Os usuarios contarán con desvíos alternativos debidamente sinalizados

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo corta o tráfico nesta vía co fin de acometer os traballos de renovación da obra de drenaxe transversal existente neste punto, unha estrutura que serve para canalizar a auga do denominado Rego do Barcelo e, polo tanto, evitar filtracións de auga na vía.

Na actualidade, a calzada está cortada parcialmente para evitar a circulación de vehículos debido aos danos que sufriu a obra de drenaxe.

As actuacións que se levarán a cabo consisten no corte do pavimento para a demolición e retirada do firme actual, a retirada da obra de drenaxe existente e, posteriormente, a execución da nova base, para rematar co afirmado e a pavimentación da estrada provincial. Os usuarios da vía contarán con desvíos alternativos debidamente sinalizados.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...