HomeCulturaAs danzas tradicionais das Festas da Cervela regresan esta fin de semana...

As danzas tradicionais das Festas da Cervela regresan esta fin de semana ao Incio

A Cervela, no concello do Incio, celebra os días 27, 28 e 29 de agosto as súas festas na honra a Santa Lucía nas que non faltarán as danzas tradicionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O día 27 contarán na Cervela con pancetada, queimada e verbena co dúo, Pedriñas. O domingo, 28 de agosto, ás 13.30 celebrarase a misa maior e procesión de danzas tradicionais. Nesta xornada contarase con sesión vermú e verbena coa orquestra Pontevedra.

O luns, 29 de agosto, ás 13.30, celebrarase novamente misa maior e procesión con danzas tradicionais. O luns na Cervela contarase con verbena coa orquestra, Trebol.

Con esta celebración recupérase unha das Festas con máis tradición do Concello do Incio e de toda Galicia, que levaba douss anos sen celebrarse por mor da pandemia.

ÚLTIMAS

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas...