HomeCulturaMonforte pecha as Feiras do Libro de Galicia con propostas ata o...

Monforte pecha as Feiras do Libro de Galicia con propostas ata o 27 de agosto

O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia experimentou este ano un incremento tanto nas vendas como no número de librarías participantes nos eventos. Así o destacou o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, durante a inauguración da Feira do Libro de Monforte de Lemos, a última do calendario de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No transcurso do acto celebrado este mércores pola tarde na rúa Cardenal, onde as casetas permanecerán ata o sábado 27, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades explicou que as citas deste ano involucraron a un total de 90 librarías, o que supón un incremento do 26% en relación ao pasado ano. “Ademais de contar cunha maior participación, as primeiras estimacións apuntan a que o volume de vendas acadado no conxunto destas citas tamén creceu máis dun 5% con respecto ao exercicio pasado, o que demostra que estamos nun gran momento para a literatura e o compromiso dos galegos coa lectura e o sector do libro”, salientou.

Na inauguración, a responsable de cultura monfortina, Marina Doutón, salientou que “esta Feira de Monforte é unha moi boa oportunidade para acercarse á literatura e ademais poder mercar o libro que nos gusta a prezos moi interesantes cun desconto do 10%, que sempre é unha axuda.”

A XXIII Feira do Libro de Monforte de Lemos comezaba coa escritora soberina, Moncha Prieto, como pregoeira e ata o sábado 27 contará cunha trintena de iniciativas e a participación das librarías Agrasar, Cortizas e da Proencia. As casetas estarán abertas de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas, (dacordo co programa ao que se accede premendo aquí)

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...