HomeCulturaOutono activo en Bóveda

Outono activo en Bóveda

Este domingo día 30 remata o prazo para inscribirse nas actividades socioculturais que se desenvolverán nos próximos meses no centro sociocultural de Bóveda.

Publicado o

- Advertisement -

As propostas de actividades son, iniciación á informática que se desenvolverá os xoves de 11.00 a 12.30 e danza tradicional, os venres de 16,30 a 17.30. As escolas de música celebraranse en horario de tarde, os xoves turno para escola infantil e primaria, pandeireta e adultos, os sábados, grupo de gaitas e os luns e mércores, coral. A ocioteca celebrarase os martes, mércores e xoves en horario de 16.30 a 17.30 para nenos de 3 a 12 anos e os xoves de 17.30 a 18.30 para nenos de 3 a 6.

Os xoves e venres haberá ximnasia de mantemento en Teilán, Guntín e Tuimil e os talleres de memoria na parroquias terán o seguinte calendario, de 16.00 a 17.00 os mércores (Raíña) , xoves (Bóveda) e venres (Teilán) e en horario de 18.00 a 19.30 os mércores (Rubián), xoves (Guntín) e venres (Tuimil).

Para máis información e inscricións no Centro Sociocultural de Bóveda, chamando ao 982426177 ou no correo cultura@concellodeboveda.com.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...