HomesociedadeO aceite de Quiroga presente na 'Vuelta a España'

O aceite de Quiroga presente na ‘Vuelta a España’

O ouro verde quirogués forma parte novamente do stand “...E para comer, Lugo”, que a asociación de hostalaría da provincia de Lugo (APEHL) coloca na zona vip de todas as saídas de etapa da volta ciclista.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A volta ciclista española comezou o pasado 19 de agosto en Holanda e por diante presentaba 21 etapas que rematarían en Madrid. O stand no que se pode atopar o aceite de Quiroga estivo presente nas saídas de etapa en terras de Vitoria, Irún, Bilbao, Cantabria e Asturias polo norte peninsular. Tamén estivo en Elche e Murcia e agora xa se adentrou en terras andaluzas. Por diante quedan etapas en zonas de Toledo e Extremadura antes de rematar en Madrid o vindeiro sábado, 11 de setembro.

Esta é a terceira vez que o aceite de Quiroga participa nesta promoción turística que fai a asociación de hostalería da provincia dende hai dez anos e na que participan outros produtos presentados por distintos consellos reguladores. Unha carpa de degustacións fai posible que a riqueza enogastronómica galega sexa coñecida a nivel estatal nas cidades polas que transcorre a competición ciclista.

A asociación de hostaleiros de Lugo calcula que estes postos son visitados cada ano por máis de 20.000 persoas, o que supón unha importante promoción para o aceite de Quiroga.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...