HomeCulturaEspazos sonoros para achegarse ao patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio

Espazos sonoros para achegarse ao patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio

Espazos Sonoros, iniciativa musical da Consellería de Cultura e Turismo en espazos de interese cultural, propón o vindeiro domingo 30 de setembro unha andaina para descubrir o rico patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

A cita comezará ás 12:00 horas na aldea de Bermún, desde onde partirán os 60 participantes para realizar unha ruta polo patrimonio arqueolóxico do Incio. O lugar de Bermún, o castro defensivo de Formigueiros e unha necrópole megalítica son algúns dos puntos fortes previstos para a mañá. A partir das 16:00 horas, os camiñantes trasladaranse á Ferreiría, onde existiu unha antiga industria siderúrxica artesanal, para realizar unha camiñada na que se descubrirán as ruínas dun antigo balneario que aproveitaba as augas ferruxinosas da contorna e se fará unha aproximación aos usos e á importancia do ferro en Galicia, así como ao significado e función das antigas ferrerías. As prazas para esta andaina están cubertas.

Ás 19:00 horas terá lugar un concerto, aberto a todos os interesados, na igrexa de San Pedro Fiz do Hospital. Sabine Lutzenberg, directora artística do conxunto PER-SONAT e cantante, e Baptiste Romain, fidulista, interpretarán un programa que aborda a obra musical de  Hildegard von Bingen.

Conxunto PER-SONAT / Consellería de Cultura

O concerto, baixo o título Kiss of peace. Hildegard Von Bingen: a visionaria e a súa obra, centrarase nunha colección de cantos para a liturxia e o rezo das horas que se cre que foi un agasallo da compositora alemá ao mosteiro cisterciense de Villers-La Ville, en Bélxica. A personalidade desta polifacética muller, abadesa,  mística, física, filósofa, compositora e lingüista do medievo que, a pesar da súa condición feminina, conseguiu ser considerada unha sabia, adquirirá unha nova dimensión a través da súa música. O escenario do concerto, a igrexa de Hospital, é un monumento medieval feito de pedra caliza e mármore azul, un marco moi axeitado para celebrar a obra dunha muller singular

ÚLTIMAS

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...