HomeEconomíaConta atrás para o 'Outono Gastronómico'

Conta atrás para o ‘Outono Gastronómico’

A campaña de turismo que aproveita o tirón gastronómico da chegada do outono, e que promove a Xunta de Galicia, inicia unha nova edición o vindeiro 16 de setembro. Este ano participan 19 establecementos de turismo rural da provincia de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, visitou este venres 9 de setembro o autobús promocional da campaña na praza Horta do Seminario de Lugo. O comezo oficial da mesma será o 16 de setembro e alongarase ata o 18 de decembro.

As casas rurais colaboradoras ofrecerán dous menús diferentes deseñados especificamente para a campaña, que levarán na súa composición produtos galegos con certificación de calidade –Denominación de Orixe (DO), Indicación Xeográfica Protexida (IXP) ou produción ecolóxica certificada–.

Os usuarios e usuarias teñen a opción de elixir entre seis paquetes distintos, que poden limitarse a unha comida ou incluír estancias e mesmo actividades como roteiros, acceso a adegas e balnearios ou xogos de escape room.

INFORMACIÓN COMPLETA E LOCAIS PARTICIPANTES

Dez dos locais lucenses participantes están na Zona Sur, repartidos polos concellos de Taboada, O Courel, O Saviñao, A Pobra do Brollón, Pantón, Quiroga, Sober e Sarria.

As persoas interesadas en coñecer todos os detalles da campaña –paquetes, locais, etc– poden informarse a través da páxina web do 16º Outono Gastronómico.

Visibilizando a campaña, un bus promocional percorre as principais localidades galegas para que o público que se achegue poda participar nunha ruleta con 14 premios de Fin de Semana Outono Gastronómico e 1.400 carballos, coa finalidade de fomentar a plantación de especies autóctonas e de contribuír á protección do medio ambiente.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...