HomePolíticaPor Chantada ve indicios de desviación de poder na modificación do PXOM...

Por Chantada ve indicios de desviación de poder na modificación do PXOM e presenta 18 alegacións

Por Chantada presenta 18 alegacións coas que asegura quere mellorar a modificación pontoal número 8 do PXOU de 1985, que segue en vigor no Concello de Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada califica de “rechamante a présa coa que chega esta modificación, aprobada nun pleno extraordinario despois de botar anos sen facer nada, ao tempo que se promete o novo PXOM, que leva décadas en trámite e nunca se traduciu en nada.”

Consideran que a modificación non soluciona cuestións como a falta de solo urbanizable para vivenda unifamiliar nas aldeas e unha das mocións refírese á deficiente delimitación dos núcleos rurais no PXOU en vigor, “que esta MP non aproveita para solucionar. Hai lugares que non se contemplan como tales e seguen fóra de ordenación, outras aldeas que non engloban todas as vivendas en solo de núcleo rural e tamén sitios sen un só metro cadrado para novas construcións impedindo deste xeito calquera nova construción e concentrándoa toda na vila co cal se favorece aínda máis o baleirado das aldeas e o crecemento en araña da trama urbana vilega”, aseguran.

Por Chantada responsabiliza ao rexedor local das “deficiencias urbanísticas” e critica ter presentado esta modificación no mes de agosto “e pola porta de atrás furtando o necesario debate e participación da viciñanza. Semella máis ben unha cacicada para arranxar expedientes de disciplina urbanística en curso.”

Insisten desde Por Chantada no principio constitucional de irretroactividade das normas e en garantir a igualdade de direitos de todas as persoas administradas. “A lei é moi clara cando afirma que os instrumentos urbanísticos, deben fundamentase en razóns de interese público debidamente xustificadas, xa que se se atende a casuísticas particulares e non ao ben común incórrese nunha desviación de poder”, conclúen.

ÚLTIMAS

80.300€ no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias visitou a localidade para comprobar a marcha...

Dobre sesión de teatro este 30 de outubro na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos de Monforte

A primeira cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura, ás...

O IV Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal do Concello de Monforte colle forma

O encontro para traballar no Plan de Igualdade contou coa participación da Tenente de...

Rematan as obras de mellora do Cemiterio Vello de Monforte

A actuación na que se investiron 212.400€, afecta as 80 vías interiores do recinto...