HomeCulturaConcerto de Rocío Caamaño o 17 de setembro na praza de España

Concerto de Rocío Caamaño o 17 de setembro na praza de España

Este concerto formaba parte do programa das pasadas Festas Patronais, previsto para o 10 de agosto, e tivo que ser aprazado pola climatoloxía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto de Rocío Caamaño, celebrarase este sábado, 17 de setembro, as 11 da noite, na Praza de España, con acceso gratuíto.

 “Dende o Concello cumprimos así co compromiso que adquirimos o pasado 10 de agosto, cando nos comprometimos a estudar novas datas para este concerto, motivo polo que procedemos a aprazalo. Así, mañá sábado 17 de setembro os monfortinos e monfortinas poderán disfrutar deste concerto gratuíto de Rocío Caamaño, artista da Costa da Morte”, sinalou o Alcalde.

Rocío Caamaño

A cantautora Rocío Caamaño, natural de Cee, presentará en Monforte o seu primeiro disco, “Enbora”. A formación de música pop desta artista viaxa dende a Costa da Morte ata Monforte con aromas do mar, e algo de sabor a cidade, incorporando nese traxecto pensamentos e vivencias propias.

Dende principios de 2021 publicou 7 singles, varios videoclips e o pasado 25 de xullo de 2022 publicou o seu primeiro álbum, que ten por título ‘Enbora’.

O concerto está organizado polo Concello de Monforte, e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...