HomeEconomíaSegunda xornada da 'Reunión de Outono da Sociedade de Pastos e Forraxes'

Segunda xornada da ‘Reunión de Outono da Sociedade de Pastos e Forraxes’

O encontro de gandeiros e gandeiras comezou o pasado venres 16 de setembro no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada e remata este sábado ás 18:30 h. tras a visita ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz no Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A deputada de Medio Rural Mónica Freire asistiu este venres 16 de setembro á inauguración da VII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF), encontro que involucra aos concellos de Chantada e Carballedo.

Medio Rural da Deputación colabora un ano máis na celebración deste encontro, no que gandeiros e gandeiras de todo país analizarán alternativas para a sustentabilidade da produción de leite na Galiza interior, máis afectada polos problemas de sequía.

Mónica Freire amosou o seu apoio á  “esta xuntanza formativa  e de intercambio de coñecementos” que, sinalou, “serán chave para afrontar a época que se aveciña na que o sector primario se ten que enfrontar, como outros sectores, as circunstancias derivadas da inflación pero tamén ás consecuencias do cambio climático” e  ratificou o compromiso da área de Medio Rural coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes  “coa que vimos colaborando nestes anos co obxectivo de avanzar cara a modelos produtivos que aseguren  rendas xusta para gandeiros e gandeiras e a conservación do territorio”, sinalou a deputada durante o acto de apertura no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada.

PROGRAMACIÓN

No que respecta ao programa de actividades, este contempla intervencións teóricas e exposición de experiencias prácticas relacionadas na súa maioría co rendemento e a calidade nutricional de diversos cultivos forraxeiros, e tamén visitas a producións da zona como a SAT Sabadelle de Chantada, a Gandería Outeiro e a queixería Airas Moniz, no municipio chantadino, ou o Pazo de Cartelos, un espazo de investigación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) en Carballedo.

Aquí o programa completo deste encontro agrogandeiro que remata hoxe pola tarde tras unha visita ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, no Concello do Saviñao.

ÚLTIMAS

CV Ciudad de A Coruña gaña o Campionato Galego de Volei Feminino Cadete que se celebrou en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel...

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...