HomeTerra de LemosO SaviñaoA Deputación de Lugo destaca os viños da Ribeira Sacra durante a...

A Deputación de Lugo destaca os viños da Ribeira Sacra durante a I Festa da Vendima do Saviñao

O presidente da Deputación sinalou que os viticultores da Ribeira Sacra "están a consolidar a presenza dos seus viños nos mercados e tamén nas cartas de viños dos restaurantes de maior prestixio".

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Deputación, José Tomé, asistiu este domingo ao I Festa dá Vendima do Saviñao. Alí, estivo presente no pregón a cargo do escritor e profesor Xabier Quiroga Díaz, natural da localidade, e tamén visitou a feira, ademais de participar na comida popular que acolleu a centenaria Devesa de Escairón.

José Tomé felicitou ás adegas, incidiu na calidade dos viños e puxo en valor o traballo dos viticultores da Ribeira Sacra que, sinalou, “están a consolidar a presenza dos seus viños nos mercados e tamén nas cartas de viños dos restaurantes de maior prestixio”.

Así mesmo, asegurou que ter un sector vinícola “sólido” é “unha riqueza en si mesma”, pero tamén favorece “o turismo, a hostalaría e o comercio” porque “ao redor do viño créase emprego e riqueza no rural”.

FEIRA DE PEDRAFITA

Por outra banda, a institución provincial participou este domingo na ‘Poxa de xovencas de raza loura’ de Pedrafita do Cebreiro, que se celebra no Recinto Feiral da localidade.

Segundo destacou nunha nota de prensa, a Granxa Gayoso Castro da Deputación presentou seis exemplares de raza autóctona a este certame, no que participaron gandeiros de diferentes explotacións da provincia e doutros lugares limítrofes como León ou Asturias.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...