HomesociedadeDispositivo de seguridade en Monforte pola romaría do San Mateo

Dispositivo de seguridade en Monforte pola romaría do San Mateo

O Concello de Monforte informa sobre a organización do operativo de seguridade para o día de San Mateo, que se celebra este mércores, 21 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No dispositivo participarán, coordinados pola Policía Local, outros Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como persoal colaborador municipal de Servizos á Cidadanía, e de Protección Civil. O obxectivo é que a festa se celebre coa maior tranquilidade posible.

Cómpre destacar que odispositivo inclúe unha ambulancia contratada polo Concello, por se fose preciso atender a algunha persoa. Tamén haberá un camión de servizo de extinción de incendios.

O mércores, 21 de setembro, a parroquia de A Parte acollerá numerosos visitantes e, por ese motivo, na xuntanza acordouse establecer un único sentido de circulación na estrada de acceso ó campo da festa, con entrada dende a parroquia de Valverde e saída pola estrada do canal de regadío e Reigada. A zona estará sinalizada e haberá un control de tráfico permanente.

Os axentes da Garda Civil vixiarán as saídas e as entradas ó lugar da romaría. Ademais, a Policía Local velarán pola seguridade do recinto da festa e dos seus arredores; tamén haberá efectivos da Policía Nacional. De feito, a noite previa á celebración da romaría haberá xa unha patrulla da Policía Nacional na zona, posto que se prevé que acuda xente para acampar. Todos estes axentes contarán coa colaboración do persoal de Servizos á Cidadanía e persoal colaborador de Protección Civil.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...