A D.O. Ribeira Sacra acode á Feira L de Lugo que celebra a súa segunda edición os días 25 e 26 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 12.00 a 21.00.
Dentro da programación inclúese o Túnel do Viño D.O. Ribeira Sacra, para saborear o viño resultado da viticultura heroica e como protagonista por ser o única D.O. vitivinícola da provincia. Participarán da cita 30 viños de 16 adegas con diferentes tipos de viños: brancos, tintos, barrica e diferentes anadas.
A cita organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo pretende ser o escaparate da riqueza culinaria da provincia e aspira a converterse no evento gastronómico máis importante do noroeste peninsular.
10 día de vendima oficial e 2.663.378 quilos recolleitos
Ás portas da segunda fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra, despois de comezar o 15 de setembro, as 89 adegas que vendiman nesta campaña levan recolleito 2.663.378 quilos de uva. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 1.905.597 quilos
- Garnacha 70.925 quilos
- Merenzao 57.699 quilos
- Brancellao 19.773 quilos
- Caíno tinto 17.425 quilos
- Sousón 8.327 quilos
- Tempranillo 6.565 quilos
- Mouratón 2.835 quilos
- Grao Negro 36 quilos
Variedades brancas
- Godello 454.526 quilos
- Albariño 70.625 quilos
- Treixadura 34.967 quilos
- Branco Lexítimo 7.589 quilos
- Dona Branca 4.391 quilos
- Torrontés 1.163 quilos
- Loureira 935 quilos