As unidades móbiles que acaban de estar en Monforte de Lemos e Ribas de Sil, tamén están prestando servizo en Bóveda -os días 22, 23 e 26 -; Quiroga -o 23, 26, 27 e 28 – e A Pobra do Brollón (29 e 30). Ademais, do 27 ao 30 irán a Sarria.
Esta iniciativa da Consellería de Política Social e Xuventude ofrece atención gratuíta de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos. O obxectivo é chegar a todos os concellos agás ás sete grandes cidades galegas para que as persoas que precisen estes coidados poidan acceder a eles sen ter que desprazarse. Desde marzo, as unidades móbiles do programa Coidados porta a porta da Xunta levan atendidos a máis de 4.200 usuarios da provincia de Lugo.
As persoas interesadas en solicitar cita previa para ser atendidas poden facelo a través dos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992; así como no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.