HomeComarca de SarriaSarriaConvocatoria para unha bolsa de emprego en Sarria

Convocatoria para unha bolsa de emprego en Sarria

O concello selecciona xente para confecionar unha bolsa de emprego de operarios de mantemento electromecánico. O prazo remata o vindeiro 26 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de facer unha convocatoria na que abre un prazo de presentación para un proceso no que se seleccionarán candidatas e candidatos para conformar unha bolsa de emprego de ‘Operarios de Mantemento Electromecánico’.

O requisito específico que se pide é estar en posesión do Título de Técnico Medio en Mantemento Electromecánico.

A presentación de instancias farase no rexistro do Concello de Sarria de xeito presencial de 9:00 a 14:00 h., na sede electrónica, no rexistro doutras Administracións ou tamén nas Oficinas de Correos.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...