HomeComarca de ChantadaCarballedoDrones de AXEGA para buscar o desaparecido de 79 en Carballedo

Drones de AXEGA para buscar o desaparecido de 79 en Carballedo

O operativo céntrase na parroquia de Veascós e, en concreto, no lugar da Raña, onde ten a súa vivenda o desaparecido que, segundo fontes do Concello, padece demencia.

Publicado o

- Advertisement -

Drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) sumáronse na tarde deste martes aos labores de procura do home de 79 anos desaparecido na localidade lucense de Carballedo.

Así, súmanse ao operativo coordinado pola Garda Civil de Lugo, entre os que se atopan un helicóptero, cans de rastrexo e catro patrullas. Ademais, colaboran na procura voluntarios de Protección Civil do municipio e tamén de Chantada, así como numerosos veciños.

Segundo trasladou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu o aviso de que este home non regresara ao seu domicilio ao mediodía deste luns tras saír cun rabaño de ovellas.

O operativo céntrase na parroquia de Veascós e, en concreto, no lugar da Raña, onde ten a súa vivenda o desaparecido que, segundo fontes do Concello consultadas por Europa Press, padece demencia.

ÚLTIMAS

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...