HomeCulturaO 29 de setembro teatro en Monforte con Formigas no peto

O 29 de setembro teatro en Monforte con Formigas no peto

O Concello de Monforte inicia o ciclo de teatro correspondente ó segundo semestre deste ano 2022, coa volta das actuacións este xoves 29 de setembro á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partir das 20.00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro do Ciclo Circuíto Teatro Profesional da Provincia de Lugo 2022 da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, este xoves 29 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a representación da obra para adultos Formigas no peto, da compañía Ítaca Teatro, obra dirixida por José Campanari e está representada por Carlos Rebolo.

É unha obra dirixida a público adulto, con entrada libre e gratuíta. Formigas no peto é unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de tod@s nós e que, por medio de varios personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa vida cotiá, dende as avoas ata nós mesm@s, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia… ou a nosa.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será El caballero incierto da compañía Producciones Come y calla que terá lugar o xoves, 6 de outubro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...