HomesociedadeDixitalización de balde para mulleres en Quiroga

Dixitalización de balde para mulleres en Quiroga

A formación chega da man do programa 'Galegas Dixitais' para aprender a usar as novas tecnoloxías e facilitar a empregabilidade. Ademais, ao remate do curso as participantes levarán un computador portátil de balde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de formación ‘Galegas Dixitais’ ofrecerá a mulleres de Quiroga a posibilidade de seguir os seguintes os cursos:

Competencias dixitais básicas, no que se impartirán coñecementos dixitais básicos para o día a día. Impartirase entre o 13 e o 26 de outubro.

Competencias dixitais avanzadas, no que se impartirán coñecementos dixitais para o traballo. Impartirase entre o 31 de outubro e o 15 de novembro.

Competencias dixitais para o emprendemento, no que se impartirán coñecementos dixitais para o negocio. Impartirase entre o 18 de novembro e o 1 de decembro.

Os tres cursos impartiranse na Casa da Cultura de Quiroga, en horario de 9:00 a 14:00 h., cun total de 40 horas cada un. As mulleres interesadas en ter máis información poden solicitala a través do correo electrónico lugo@galegasdixitais.es ou por medio do whatsapp no número 698197518. Para inscribirse poden facelo a través do formulario da páxina web galegasdixitais.es e tamén na selección que terá lugar o venres 7 de outubro á 13:00 h. na Casa da Cultura.

Casa da Cultura de Quiroga. No baixo está a Oficina de Turismo. Foto: XMF

Todas as participantes no curso terán acceso a formación gratuíta e ademais recibirán un computador portátil Chromebook de agasallo. Os requisitos fundamentais son ser muller e estar desempregada ou rexistrada como demandante de mellora de emprego.

ORGANIZACIÓN E FINANCIAMENTO

A formación está organizada polo Ministerio de Traballo e a Xunta de Galicia a través de Beproject e ARA Formación, en colaboración co Concello de Quiroga e financiada a través dos fondos Next Generation da UE e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...