HomesociedadeVolven os domingos polo Camiño de Inverno que organiza o concello da...

Volven os domingos polo Camiño de Inverno que organiza o concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón retoma 'Coñece o teu Camiño, paso a paso', unha proposta para que veciños e veciñas da Pobra do Brollón poidan completar o Camiño de Inverno. A iniciativa iniciouse en 2019, dentro do plan O Teu Xacobeo da Xunta, co obxectivo de percorrer o Camiño dende Nocedo ata Santiago en dez etapas. En 2020, a actividade quedou paralizada por mor da pandemia, completadas sete das etapas previstas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No presente mes de outubro, o Concello da Pobra do Brollón propón realizar as últimas tres etapas dende Silleda ata Santiago de Compostela. Serán os domingos 16, 23 e 30, con saída ás 8:00 dende A Pobra do Brollón. Tras completar cada etapa, pola tarde inclúese unha visita a algún lugar de interese próximo.

Desta vez, ao non estar a actividade subvencionada pola Xunta, é preciso abonar 10 euros por etapa, que inclúen o desprazamento en bus e a guía. A comida non está incluída; a idea é tipo xantar de campo, levando cada persoa a súa comida e bebida.

Para participar é obrigatorio anotarse no teléfono 637820233. O prazo de inscrición acaba o mércores antes de cada etapa. 

ÚLTIMAS

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...