HomePolíticaA Xunta di que actuou rápido na estrada derrubada en Folgoso

A Xunta di que actuou rápido na estrada derrubada en Folgoso

Di que esperan licitar a obra da solución ao derrube a finais do ano que vén.

Publicado o

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, compareceu este mércores ante o Parlamento, a petición do grupo popular, para dar conta das actuacións que levan a cabo tras o derrube da estrada autonómica LU-651 entre Folgoso do Courel e Quiroga. Avanzou que esperan licitar a obra da solución ao derrube a finais do ano que vén.

A estrada autonómica sufría un esborralle no mes de marzo do pasado ano, aínda que sen rexistrar desgrazas persoais. Púxose en marcha entón, relatou, un plan de emerxencia para, primeiro coñecer as causas do ocorrido, e logo atopar unha solución.

“Actuouse en tempo marca e con total transparencia, ademais coa colaboración do Concello”, defendeu Vázquez Mourelle, que deslizou que é o mesmo que debería facer outras administracións, en referencia ao ocorrido no viaduto do Castro de Lugo.

As causas do colapso, explicou, “sábense desde o primeiro día” e débese ao colapso dalgunhas galerías subterráneas dunha canteira próxima á estrada. Unha vez se peche o expediente, avanzou, “depuraranse responsabilidades”. Tras levar a cabo o desvío provisional, a solución definitiva chegará, esperan, para mediados do ano que vén –o proxecto– e, para fin do mesmo, a licitación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...