HomesociedadeIntensa actividade no Centro da Terceira Idade de Quiroga para rematar o...

Intensa actividade no Centro da Terceira Idade de Quiroga para rematar o ano

E neste mes de outubro conmemórase o Día das persoas maiores, polo que o centro non quixo deixar de festexar tan sinalada data. Esta fin de semana os socios que se achegaron ata o centro foron convidados a un chocolate con churros. Na celebración estiveron acompañados por boa parte da corporación municipal entre os que se atopaba a concelleira encargada do centro, Ana Lucía Nogueira, e o propio alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Social para a Terceira Idade no concello de Quiroga volveu as súas actividades do outono retomando as manualidades e a ximnasia de mantemento e festexando o Día do Maior.

A actividade que  máis novidades presenta é a de manualidades que nesta ocasión deixa de ser gratuíta e os socios que queiran participar deberán aportar unha pequena cota. Nesta nova etapa de manualidades, impartida por Mayte Pérez Grao todos os luns, continuarase traballando a técnica do decoupage, que consiste en decorar superficies neste caso de madeira (caixas, bandexas, xoieiros,…).

A ximnasia de mantemento, unha das actividades máis concorrida, continúa na mesmo liña de anos anteriores pero cambia de día, a partir de agora desenvolverase os mércores e os venres mantendo o seu horario de 5 A 6.

Como remate de cada mes, o último venres, o centro organiza un bingo para o entretemento dos seus socios. Ademais neste último trimestre do ano está marcado que o centro celebre un magosto para os seus socios e socias o día 19 de novembro e a concorrida cea de Nadal o 17 de decembro.

Centro Terceira Idade Quiroga / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...