HomesociedadeA Ribeira Sacra conta con 550 prazas máis de aloxamento que o...

A Ribeira Sacra conta con 550 prazas máis de aloxamento que o pasado ano

A ocupación media mantense en niveis de anos anteriores, a pesares de contar cun aumento significativo no número de aloxamentos. No 2022 o número de establecementos aumentou un 26,78 %.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os datos provisionais do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, durante o mes de setembro a ocupación nos Hoteis de 3 e 4 estrelas foi do 90,8% e en Turismo Rural do 60,6%. Nos dous casos a ocupación superou as previsións. En Vivendas Turísticas e de Uso Turístico a ocupación foi do 41,3% e noutros aloxamentos do 86,1%.

Así a ocupación nas fins de semana de setembro foi do 83% e a nivel xeral do 70%. De media, os hoteis de 3 e 4 estrelas ocuparon o 97% das habitacións durante as fins de semana de setembro. É a cifra máis alta rexistrada na totalidade de aloxamentos.

A media de ocupación en días laborais sitúase nun 56%, lixeiramente inferior ao ano pasado. No 2022 o número de establecementos aumentou un 26,78 % con respecto ao 2021 e cóntase con case 550 prazas máis. En conclusión, o número de prazas ocupadas é superior a doutros anos.

Para o mes de outubro as previsións de ocupación son do 61%. Por establecementos, nos Hoteis de 3 e 4 estrelas espérase unha ocupación do 78,3% , en Turismo Rural do 55,1% , en Vivendas Turísticas e de Uso Turístico do 36,6%  e noutros aloxamentos do 73,8%. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...