HomesociedadeCorte de auga na rúa Uxío Novoneyra de Monforte este 19 de...

Corte de auga na rúa Uxío Novoneyra de Monforte este 19 de outubro

O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9:00 ata as 14:00, aproximadamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte informa de que este mércores, 19 de outubro, levarase a cabo un corte no subministro de auga na rúa Uxío Novoneyra, para desenvolver obras cuxo obxectivo é levar a cabo unha mellora na rede xeral de abastecemento municipal en dita zona.

Este corte no subministro de auga afectará á mencionada rúa e as obras desenvolveranse á altura da intersección coa rúa Luís Moure Mariño.

Con estas actuacións o Concello asegura traballar para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...