HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra brinda no albergue Aida Menéndez este 22 de...

A D.O. Ribeira Sacra brinda no albergue Aida Menéndez este 22 de outubro no Día Movemento Viño D.O.

Este sábado, 22 de outubro, celébrase por sexta vez o DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O., unha celebración anual, pensada para o público, festiva e reivindicativa na que participan este ano 36 Denominacións de Orixe, de 15 Comunidades Autónomas, con diferentes eventos para poñer en valor a importancia do concepto Denominación de Orixe, o viño de calidade que se produce na súa zona e a súa achega á sustentabilidade dos seus territorios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra súmase este ano á acción desde o albergue Aida Sara Menéndez Lorenzo en Diomondi, lugar emblemático no Camiño de Inverno ao seu paso polo municipio do Saviñao, antes de baixar cara Belesar. Ás 13:00h. comezará a recepción de asistentes para ás 13.30 celebrar o brinde conxunto. O acto está aberto ás persoas interesadas e contarase coa participación de alcaldes/as da Ribeira Sacra, entre outras autoridades, asistindo tamén representantes das adegas da D.O. Ribeira Sacra e da Asociación Camiño de Inverno a Santiago. Durante a celebración contarase con degustación de viños acompañados duns petiscos e a música en directo de Lorena Do Val & Gonzalo Herrero, que con voz e baixo eléctrico levarán aos asistentes polas músicas do mundo.

Así o brinde do sábado levaranos polo xardín do Centre de Cultura Sa Nostra no centro de Palma de Mallorca, o Jardín das Garnachas do Monasterio de Veruela (provincia de Zaragoza), a coñecida como Plaza del Vino en Cariñena (provincia de Zaragoza), o Paseo de las Huertas de Almansa (provincia de Albacete), o Paseo Cortes de Aragón de Calatayud (provincia de Zaragoza), a XXII Semana de Viticultura y Enología en Bollullos par del Condado (provincia de Huelva), o encontro Sabores del Quijote en Castellar de Santiago (provincia de Ciudad Real), os viñedos vellos de Cigales (provincia de Valladolid), a rúa Mayor de Valencia de Don Juan (provincia de León), o Museo del Vino na praza dos Viñeros de Málaga, a I Festa da Vendima da Vila de Monterrei (Castelo de Monterrei, provincia de Ourense), a Cata de Moriles neste municipio da provincia de Córdoba, o municipio de Los Arcos en Navarra, a Plaza de Pedreira de Pontevedra, o novo albergue de Peregrinos “Aida Menéndez” de Diomondi (municipio do Saviñao, provincia de Lugo), o Museo del Vino de Aldeanueva de Ebro (comarca de Alfaro, en La Rioja), o Anaga Biofest en plena Reserva da Biosfera do Macizo de Anaga en Tenerife, o Monasterio de Uclés (provincia de Cuenca), o Paseo da Alameda de Utiel  (provincia de Valencia), a cova de Fontei na Rúa (Valdeorras, provincia de Ourense), o Parque da Constitución de Yecla (Murcia), a Feria de la Moscatel en Godelleta (Hoya de Buñol, provincia de Valencia) e o Mercado de Ventas en Madrid son só algúns dos lugares, municipios e eventos que acollerán actividades para celebrar o Día Movemento Viño D.O. 2022.

As redes sociais xogarán un papel importante durante este día. Os participantes nestes eventos e todos e todas os que desexen sumarse individualmente e brindar polas denominacións de orixe do noso país e pola súa contribución á sustentabilidade ambiental, económica e social das súas zonas rurais poderán facelo compartindo as súas fotografías brindando ou gozando desta xornada co hashtag #DOTerritorioSostenible. Con este simple xesto, pódese contribuír a poñer en valor o traballo de miles de familias que, xa no viñedo, xa en adega, traballan duro ano tras ano para que a sociedade poida gozar duns viños de calidade recoñecida que levan con orgullo o nome da súa terra polo mundo e representan moito máis que un produto: un territorio, cunhas condicións naturais únicas e un saber-facer local preservado e consentido de xeración en xeración.

O Día Movemento Viño D.O. é unha iniciativa da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), a organización que representa ás denominacións de orixe de viño. A información actualizada sobre os diferentes eventos que terán lugar ao longo da xornada atópase na web de CECRV, www.vinosdo.wine, e na de cada unha das DDOO que participan na acción.

ÚLTIMAS

‘Ok(c)toberfest’ no barrio de Carude, en Monforte

O popular barrio de Carude, en Monforte de Lemos, vivirá este sábado unha xornada...

Sarria celebra dez anos do Esmorga Fest os días 17 e 18 de outubro

O festival comeza o venres 17 ás 20:00 horas coa apertura de portas na...

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos no Programa Activa de Monforte que abre prazo extraordinario para cubrir vacantes

Xa están publicadas na páxina web municipal as listaxes definitivas de persoas admitidas nas...

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...