HomesociedadeX Premio APECSA para a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

X Premio APECSA para a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, integrada polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide, Arzúa e O Pino, resultou a gañadora desta X edición do premio internacional APECSA 2.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, en nome da  Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, que preside, recolleu de mans da Xosé María García Palmeiro, presidente de APECSA, o X Premio Internacional de divulgación e promoción do Camiño, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago.

A edición deste ano, estivo dedicada a Pilar Armesto Valiña, (Sarria 1955 – O Cebreiro 2021), hospitaleira, mesoneira, dinamizadora e defensora dos valores do Camiño de Santiago, pioneira no asociacionismo e na acollida aos peregrinos. No acto participaron, xunto co párroco do Cebreiro, Paco Castro, os familiares directos de Pilar Armesto Valiña e do que foi cura do cura do Cebreiro e promotor do Camiño, Alías valiña Sampedro.

O xurado que concedeu esta premio de APECSA, presidido polo xornalista, Luis Celeiro Álvarez, destacou e valorou moi positivamente o traballo da Mancomunidade e de cada un dos concellos integrantes da mesma, na defensa e promoción dos valores do Camiño de Santiago, que “dende os seus comezos foi un tránsito de cultura e coñecemento, un espazo de arte e de saber que “temos a obriga de manter e agrandar”.

Segundo o xurado, do que tamén formaban parte os xornalistas, Xosé Luis Muñoz e Carmen Prado, do Colexio de Xornalistas de Galicia e da Asociación de Periodistas de Santiago, respectivamente; Xabier Goyanes, da Asociación Pazos de Galicia, e Purificación Carballo, que actuou como secretaria, de APECSA, “o traballo feito pola Mancomunidade, no ano 2021 e primeiro semestre de 2022, na defensa e promoción de valores, como o da solidariedade, a divulgación da cultura en tódalas súas manifestacións, das artes e da artesanía, así como a consideración do camiño como un patrimonio común, capaz de xerar riqueza cultural e económica, en todos e cada un dos concellos, fan a esta entidade gañadora do Premio”. O Premio foi unha escultura, Harmonía, da autoría de Luis Loureira, e un diploma.

ÚLTIMAS

Centeais, na parroquia de Montefurado, ‘revive’ coa celebración da súa festa

Moitas aldeas do sur de Lugo, por desgraza, están en perigo de extinción por...

Hospitalizada unha menor tras caer nunha piscina de Monforte

Unha menor foi levada ao hospital este domingo tras ser sacada da auga nunha...

De Vacas, Beret, Ráfaga, Miss Cafeína e Marlon actuarán nas Patronais de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, e...

Courel Vivo denuncia ante o Valedor do Pobo a precaria situación médica do concello

Lembran que os días que non hai médico en Seoane, o centro médico máis...